pesquisa para o entendemento global _ research for global understanding

Institucional

Equipo

Eventos

Docencia

Publicacións

Investigación

Relacións Institucionais

Asteriskos on-line

Asociarse

Ligazóns

Contacto

Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación. Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

 

:: Cursos de Especialización en Estudos Árabes e Islámicos

 

Prevese que o curso de especialización en Estudos Árabes e Islámicos se desenvolverá tanto na Universidade Fernando Pessoa (Unidade de Ponte de Lima) coma na Universidad Internacional Menéndez Pelayo (en Rianxo), constando dunha fase presencial, de curta duración e dunha fase á distancia. Rógase a aquelas persoas que teñan interese en calquera das edicións se poñan en contacto co Instituto <info@igesip.org>, indicando os seus datos, para recibir máis informacións sobre prazos, datas e prezos así que estes estiveren dispoñibeis. 

 

Xustificativa

Hoxe, ha no mundo máis de mil millóns de musulmáns, constituíndo por tanto unha realidade incontestáble. Neste sentido, o Curso de Especialización en Estudos Árabes e Islámicos, encádrase na formación de extensión universitaria destinada a un público en xeral, interesado nos diversos aspectos, sociais, culturais, económicos e políticos do mundo árabe e islámico, desde unha perspectiva holística e multidisciplinar, dándose particular importancia aos temas de actualidade, especialmente no que se refire á expansión da lingua árabe e doutras linguas de países islámicos no mundo, a cuestión da globalización, educación e medios de comunicación no mundo árabe, así como aos desafíos sociais e de desenvolvemento.
O curso busca proporcionar unha formación completa nas temáticas do mundo árabe e islámico contemporáneo, baixo unha perspectiva que profundiza nos contextos histórico, sociopolítico e cultural, facilitando os recursos materiais e humanos de diversos centros e institucións de investigación con experiencia nesta área, tras ter organizado con éxito un Curso de Especialización en Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa (Porto, Portugal), em colaboração com o Instituto Português de Relações Internacionais e Segurança (IPRIS), así como deseñado un Mestrado de Relacións Internacionais co Mundo Árabe e Islámico, cuxo lanzamento, está previsto para o ano académico 2007/2008. Por iso, esta proposta pretende, tamén, fomentar os estudos internacionais sobre as relacións entre o mundo ibérico e o árabe, posibilitando a identificación de áreas de cooperación e entendemento mutuos. 
Así, será de especial interese para aquelas persoas con responsabilidades na área da mediación social, cooperación internacional, ciencias da comunicación, recursos humanos, organizacións do terceiro sector, profesores e formadores, profesionais da área xurídica, forzas de seguranza pública, etc.

 

Obxectivos
O obxectivo fundamental deste Curso é o de formar e capacitar especialistas no campo dos estudos árabes e islámicos. O cuadro de docentes e expertos nesta área deberá permitir que, finalizado o curso, os discentes obteñan un firme dominio sobre as cuestións tratadas, así como un coñecemento sólido das diversas nocións teóricas e prácticas, en especial sobre:
- Marco histórico, xeográfico, lingüístico e literario;
- Visión histórica das culturas e relixións do mundo árabe e islámico; 
- Panorámica actual da civilización islámica no contexto mundial; 
- A educación e a muller no mundo árabe e islámico; 
- Marco xurídico e dereito comparado no Islam;
- Marco económico e comercial actual e fundamentos de economía tradicional islámica, e 
- Contexto xeopolítico e xeoestratégico, con énfase na actual problemática de seguranza.

 

Metodoloxía

O curso está estruturado en dúas partes metodolóxicas: a primeira, presencial, terá lugar, preferentemente, en xullo de 2007, cuha duración de 3 días e unha carga lectiva total de 30 h/a. Esta primeira etapa está composta de seminarios –nos que os profesores exporán os contidos fundamentais dos seus respectivos programas, así como a metodoloxía para a fase dictada a distancia, suxerindo temas e fontes bibliográficas para os traballos que deberán ser presentados no fin de cada curso– e de obradoiros, concretamente de Lingua e Caligrafía Árabes, Música e Tradición Oral e Relixión e Tradicións Simbólicas, nos que os estudantes poderán recibir informacións eminentemente prácticas de iniciación a cada temática, traballando nun entorno, en certa forma, máis coloquial e experimental. 
A segunda etapa, que conducirá á obtención do Diploma de Especialización en Estudos Árabes e Islámicos, desenvolverase na modalidade de ensino a distancia, cunha duración de 8 meses (de setembro de 2007 a maio de 2008). Durante este tempo, a través das tutorías de carácter non-presencial de cada profesor, cuxos horarios serán comunicados na etapa presencial, os alumnos deberán realizar, como mínimo, tres traballos académicos, no marco de distintos seminarios, co obxetivo de ser evaluados e calificados. Estas producións científicas sufrirán, ademáis, un proceso de selección que desembocará na publicación dun volume conxunto baixo o título Estudos Árabes e Islâmicos, editado pola Universidade Fernando Pessoa e o Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz, coa colaboración do Concello de Rianxo.

 

Corpo docente

En principio, o cuadro docente estará basado no que durante edicións anteriores participou na implementación do Curso de Especialização em Estudos Árabes e Islâmicos, na Universidade Fernando Pessoa, con experiencia, por tanto, nas materias que se abordan. Trátase dun equipo multidisciplinar con Doutores, Mestres e Licenciados en áreas como o Dereito, Relacións Internacionais, Matemáticas, Filoloxía, Historia, Economía, Ciencias da Educación, Xornalismo, Antropoloxía, Estudos da Paz e Seguranza Internacional. Cóntase ademáis con dous profesores para desenvolver unha serie de obradoiros didácticos con contidos eminentemente prácticos.

Ivo Simão Mesquita Sobral é Profesor de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa e Profesor Asistente das disciplinas “Historia de Europa” e “Historia Contemporánea” na Universidad de Sassari (Italia) desde 2003. Doutor en Historia, Institucións e Relacións Internacionales dos Países extra-europeos pola Faculdade de Ciencia Política da Universidad de Pisa (Italia); Master en Xornalismo e Comunicación pola Facultade de Ciencia Política da Universidade de Sassari (Italia) e Licenciado en Relacións Internacionais pola Universidade Fernando Pessoa. Entre outras ocupacións, foi investigador no Centre for Documents and Research Services de Teherán, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Islámica de Irán en 2005.

Franck Renand é Profesor de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa e Profesor de Organización e Xestión Empresarial e do MBA en Responsabilidade Social Empresarial no mesmo centro. Foi Profesor Visitante en Estratexia Empresarial na Universidade Federal do Ceará (Fortaleza, Brasil) e na Universidade do Oeste Santa Catarina (Brasil); Profesor Visitante de Marketing no Bradford College (Bangkok, Tailandia) e Profesor Permanente de Marketing na École Superieure de Commerce de Poitiers (Francia). Doctor en Economía pola Universidade de Strasbourg (1988); Master en Economía pola Universidade de Besançon (1984).

João Cristóvão Casqueira Cardoso é Profesor de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa e Coordinador do Centro de Estudos das Minorias e do Mestrado en Relações Internacionais desta institución, ademais de investigador e perito no Instituto Universitario de Florencia ata 1997. Doutor en Dereito polo IUE de Florencia; Doutor en Dereito pola Universidade de París X Nanterre; Master en Relacións Internacionais pola Universidade de Reading (Reino Unido).

Maria Antónia Jardim é Profesora de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa e Docente universitaria desde fai oito anos nas áreas de Psicoloxía, Educación e Cultura Portuguesa. Foi tamén Profesora invitada na Universidade Federal de Pernambuco (Brasil) entre 1997 e 2002 e Investigadora del Centro de Estudos da População, Economia e Sociedade da Universidade do Porto. Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade do Porto (Portugal).

Joám Evans Pim é Profesor de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa e Presidente do Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz. Foi Profesor Convidado de Política Internacional na Escola de Economia e Gestão da Universidade do Minho (Braga, Portugal) e Profesor Invitado aos Cursos de Extensión Universitaria en Cooperación Internacional da Universidade de Vigo. É Doutorando en Comunicación e Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e Doutorando en Paz e Seguranza Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado” sendo Magister en Paz, Seguridade Defensa no mesmo centro. É posgraduado en Minorías e Cidadanía pola Universidade Fernando Pessoa (Porto, Portugal) tendo completado a Licenciatura en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade do Minho (Braga, Portugal). Obtivo Matrícula de Honra en Historia Contemporánea do Mundo Árabe e Islámico pola Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e cursou tres anos de Lingua e Culturas Árabes no Centro de Linguas Modernas da USC e Instituto de Letras e Ciencias Humanas da Universidade do Minho.

Bárbara Canziani Kristensen é Profesora de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa, habendo exercido como Profesora das disciplinas de Metodoloxía da Investigación I e II na Universidade do Vale do Itajaí (Santa Catarina, Brasil). Doutoranda en Teoría da Literatura e Literaturas Comparadas na Universidad de Santiago de Compostela e Doutoranda en Paz e Seguranza Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado” (UNED). É posgraduada en Minorías e Cidadanía pola Universidade Fernando Pessoa (Porto, Portugal) e Licenciada en Letras pola Universidade do Vale do Itajaí habendo cursado parte dos seus estudos na Universidade do Minho (Braga, Portugal) e estudos parciais (en Economía, Socioloxía e Filosofía) no marco da Licenciatura en Dereito tamén na Universidade do Vale do Itajaí. Foi becaria de investigación da Fundação para a Ciência e a Tecnologia (Brasil) e do Programa Brasileiro de Iniciação Científica nas áreas de métodos e innovaciones pedagóxicas. Actualmente é Vicepresidenta do IGESIP.

Óscar Crespo Argibay é Profesor de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa e Secretario Xeral do Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz. Foi Profesor Invitado de Política Internacional na Escola de Economia e Gestão da Universidade do Minho (Braga, Portugal). Doutorando en Estadística e Investigación Operativa na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e Doutorando en Paze Seguridad Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado” (UNED), é especialista en enxeñaría financeira e modelos matemáticos aplicados ás relacións internacionais (teorías de xogos, teorías da decisión, índices de poder, etc.); É tamén Licenciado en Matemáticas (especialidade en Matemática Pura) pola Universidade de Santiago de Compostela onde completou o Curso de Adaptación Pedagóxica chegando a impartir diversas disciplinas no ensino primario e secundario. Escribiu e publicou diversos traballos sobre Economía Islámica tradicional e contemporánea para congresos e revistas especializadas.

 

Seminarios

 

I) Historia, cultura e civilización islámicas (Prof. Ivo Simão Mesquita Sobral)

 

     A) HISTORIA

          1. A formación do mundo árabe-islámico
          2. O Califato abásida
          3. O Islam baixo o dominio turco e mongol
          4. O Islam baixo a hexemonía otomana
          5. O mundo islámico no século XIX 
          6. Nacionalismo, independencia e Islam político 
          7. O século XX

     B) CULTURA E CIVILIZACIÓN

          1. Características da civilización islámica 
          2. Espazos orixinarios do Islam 
          3. O substrato cultural da civilización islámica 
          4. Xeografía e historia dos países árabes 
          5. Xeografía e historia dos pobos iranianos contemporáneos 
          6. Xeografía e historia dos pobos turcos 
          7. Distribución xeográfica dos musulmáns de hoxe 
          8. As diferenzas doutrinais dentro do Islam: especial referencia ao Islam chiíta
          9. Festividades e ritos


II) Introdución ao Islam e aos seus aspectos simbólicos (Prof.ª Maria Antónia Jardim)

 

1. A vida do profeta Muhammad

Visión xeral da biografía do profeta Muhammad, segundo as fontes tradicionais islámicas. Aspectos máis significativos da vida do profeta do Islam, tal como é vivida e sentida polos musulmáns: a sua relación espiritual co profeta Ibrahim (Abrahán), e o seu nacemiento, a sua infancia, o seu casamento con Xadiea, o seu encontro co Anxo, a súa etapa en Meca, a Héxira a Medina, a etapa da Medina, etc.

 

2. O Corán

 

Na primeira parte abórdase a análise formal do texto, súas partes e divisións, a redacción, a escrita, as diversas compilacións, a transmisión e as cuestións de exéxese e hermenéutica. Na segunda parte, profundízase nos contidos doutrinarios da mensaxe coránica: a Unidade de Deus, a creación, os anxos, o ente humano, a profecía, o concepto de Din ou relixión, os pilares da relixión islámica, a sunna, o dereito, as festas, o calendario, alimentación, etc.

 

3. A Umma

 

Desenvolvemento histórico e espiritual do Islam. Correntes espirituais e escolas do Islam; o sofismo, con especial atención aos mestres de Al-Andalus e El-Magreb (Ibn Masarra, Ibn Al Arif, Ibn Arabi, a tariqa shadilia etc). Sohrawardi, Rumi, o sofismo actual, as diferentes tariqas; os movementos salafistas e o Islam político; arte Islámica; Economía Islámica; o novo pensamento islámico occidental en temas como a muller, alimentación e o terrorismo.

 

III) Economía Islámica (Prof. Franck Renande Prof. Óscar Crespo Argibay)

 

1. Tradición e modernidad no Islam: A perspectiva económica

O choque de civilizacións descrito por Samuel Huntington, que fai referencia ao actual conflito no que se vén inmersos Occidente e Islam, admite unha dobre análise á luz da teoría económica: por unha parte, a incompatibilidade de dous sistemas económicos que teñen as súas raíces no racionalismo e na revelación divina respectivamente, e pola outra, a propia loita que dentro do Islam dase entre unha sector que adoptou o sistema de libre mercado como fonte da regulación económica, e unha ortodoxia que aposta por continuar adscrita aos modos tradicionais de regulamentar o mercado segundo a Shariah, ou Lei islámica. 

 

2. A Lei Islámica: outra forma de regular o mercado

O Islam tradicional entende a súa organización a través de dúas fontes primarias, o Corán, o libro revelado, e a Sunna do Profeta, ou tradición transmitida oralmente sobre os feitos da vida de Muhammad. Ambos elementos desembocan na lei Islámica ou Shariah, que dividida en catro escolas principais, segundo as distintas interpretacións realizadas sobre os anteditos principios, regula toda a vida do fiel musulmán, sendo desta forma que o ámbito económico non escapa a esta realidade, presentando así unha alternativa ao sistema imperante. 

3. A cuestión monetaria: o Banco Islámico
A cada vez maior presión dos organismos internacionales, expresamente, Banco Mundial e Fondo Monetario Internacional, por levar a cabo unha uniformización dos procesos que normalizan as relacións económicas, levou nos últimos tempos, a un esforzo por parte dos gobernos dos países islámicos, por adecuar os seus sistemas financieros ao estándar fixado por estas institucións. Neste sentido, son dous os cambios que estes estados promoveron, a introdución do papel-moeda, e do banco islámico. Neste apartado analizaranse a natureza e as particularidades do sistema adoptado e as súas consecuencias. 

4. Os Sistemas de Protección Social: o Imposto Redistributivo e las Fundacións
Historicamente, a debilidade do estado islámico, ou mellor dito, do goberno islámico, non admitiron a creación dun sistema de seguranza social semellante ao europeo, sendo deste modo que o auxilio ás persoas en necesidade proven, por unha parte, da recolección do imposto obrigatorio anual sobre a riqueza, e pola outra, das institucións de carácter privado e singular. Esta peculiar constitución evolucionou cara a formas máis conformes cos parámetros marcados polas organizacións internacionais do ámbito económico, pero na sociedad islámica subxace aínda unha estructura tradicional, que aquí será analizada.

5. Un Desafío para o Futuro: Globalización e Islam
Se o proceso de globalización está producindo fortes desaxustes nas denominadas sociedades desenvolvidas, cabe esperar que estes resulten aínda máis pronunciados en sociedades que se encontran nun camiño de transición, como é o caso da islámica. A pobreza, a explotación dos recursos naturales que albergan as súas terras, e unha crecente emigración, coa conseguinte desestruturación destas comunidades, encóntranse no fondo do cada vez maior descontento no seio destes pobos, coa súa particular concepción de globalización. 

6. Comercio Internacional co Mundo Árabe e Islámico (Prof. Franck Renand)
Abórdase este punto, tanto desde a perspectiva histórica, os tradicionais lazos comerciais entre o mundo islámico e o occidente, tanto o plenamente cristián, como o previamente islamizado e logo recristianizado, para chegar a unha contemporaneidade, na que, o asentamento da economía global sobre unha base enerxética que ten aos combustibles fósiles, e dado que en grande medida, estes encóntranse no subsolo de países que conforman o espazo civilizacional árabe-islámico, danlles unha prioridade, máis que significativa, no complexo mosaico que hoxe representa o marco das relacións comerciais internacionais. 

 

IV) Paz e conflito no mundo árabe e islámico (Prof. Joám Evans Pim)

     1. PAZ E CONFLITO NA COSMOVISIÓN ISLÁMICA

          1.1. O conflito humano no Al-Corán
          1.2. Paz e guerra na historia do Islam: unha aproximación
          1.3. A perspectiva sunita
          1.4. A perspectiva chiíta

     2. A JIHAD NA HISTORIA DO ISLAM

          2.1. Introdución e fundamentación coránica
          2.2. A Jihad no Islam antigo: orixe e evolución
          2.3. Concepcións no Islam contemporáneo
               a) A Jihad no islamismo exipcio
               b) A Jihad no islamismo norteafricano: o caso de Túnez
               c) A Jihad mundial de Khomeini
               d) O “jihadismo” no século XXI

     3. A PROMOCIÓN DA NON-VIOLENCIA NO ISLAM

          3.1. O Islam e a promoción da vida
          3.2. As relacións interrelixiosas no Islam
          3.3. Casos paradigmáticos: India, Exipto e Irán

     4. POLEMOLOXÍA DO MUNDO ÁRABE E ISLÁMICO

          4.1. Islam, factor de inestabilidade?
          4.2. O Magreb e o Norte de África
          4.3. África musulmana
          4.4. Arabia e o Crecente Fértil
          4.5. Os Balcáns, o Cáucaso e a Europa musulmana
          4.6. Turquía e o problema do Curdistán
          4.7. Irán, China e Asia Central
          4.7. O Extremo Oriente islámico 


V) Introdución ao Dereito Islámico e o estatuto da muller (Prof. João Casqueira)

     - Programa pendente

VI) Literaturas Árabes e Islámicas Comparadas (Prof.ª Bárbara Kristensen)

1. LITERATURAS EN LINGUA ÁRABE

 

     1.1. A época pre-islámica (séculos V e VI)


          Marco físico, político-relixioso e socio-cultural. Estrutura formal da poética.
          Temas e motivos. Principais poetas do periodo.

     1.2. Os primordios do Islam e o Corán como obra de literatura (século VII)


          Constitución do texto, forma e estilo.
          A literatura nos tempos do Profeta e baixo os primeiros califas.

     1.3. O periodo Omeia (séculos VII e VIII)


          Características da literatura do periodo omeia: A poesía política e relixiosa.

          O arcaísmo literario. A tríade poética. A poesía amorosa. A poesía báquica;
          A prosa durante o periodo omeia. Os discursos. Precursores da prosa literaria.

     1.4. Os periodos Abásidas (séculos VIII a XIII)


          Características xerais: Os cambios socio-políticos e a función social do poeta;           

          Tradición e renovación dos temas; a poesía durante o periodo abasida. 

          Modernismo, neo-clasicismo e outras tendencias poéticas; a prosa durante.

          A prosa literaria (adab), Orixe e desenvolvemento da macama;

          A literatura do Al-Andalus.

     1.5. O periodo da decadencia (séculos XIII a XVIII)


          A literatura popular. As grandes enciclopedias. As Mil e unha noites.

     1.6. A literatura árabe nos séculos XIX e XX


          A Nahda, o renacemento árabe. Literatura e emigración.

          Literatura moderna e contemporánea.

 

2. LITERATURAS EN LINGUAS PERSAS

 

     2.1. A literatura pre-islámica

     2.2. Historia da poesía persa 

          a) Desde o periodo Darí hasta o Hindi;
          b) Neoclasicismo; 
          c) Renacimento;
          d) Literatura Contemporánea. 

     2.3. Historia da prosa persa

          Periodo Sāmāní; Periodo Qaznawí-Selyúcida, Periodo Salyuqí-Jārazmšāhí
          Periodo Ērāquí, Periodo Neoclásico; Literatura Contemporánea.

 

3. LITERATURA TURCA E EN LINGUAS TURCAS

 

     3.1. A literatura pre-islámica;

     3.2. A literatura islámica turca:

          a) A literatura Clásica
          b) A literatura costumista turca;

     3.3. O periodo pre-Republicano
          As literaturas Tanzimat (de Reformas), Servet-i Fünun (do Patrimonio Científico),
          Fecr-i Ati (o ‘Amencer dunha nova era’), Ulusal Edebiyat (Literatura Nacional);

     3.4. As literaturas do periodo Republicano e Contemporáneas;

 

4. VISIÓN XERAL SOBRE OUTRAS LITERATURAS DE PAÍSES ISLÁMICOS

 

 

© Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz, 2006

 

 

Outros destaques:

.: Observatorio sobre Muller e Conflitos Armados.
Membro da Women's International League for Peace & Freedom
[>]


observatorio

.: I Congreso Galego da Mocidade Investigadora.
Santiago de Compostela, 25|26 de outubro de 2007
[>]

.: International Conference on Responsible Defence.
Santiago de Compostela, 16-18 de outubro de 2007
[>]

.: Sen matar é posíbel.
Cara unha nova ciencia política global. Glenn D. Paige. Descarga gratuíta
[>]

paige

.: Asteriskos.
Revista de Estudos Internacionais e da Paz. Vol. I (2006). Descarga gratuíta
[>]

asteriskos