pesquisa para o entendemento global _ research for global understanding

Institucional

Equipo

Eventos

Docencia

Publicacións

Investigación

Relacións Institucionais

Asteriskos on line

Asociarse

Ligazóns

Contacto

Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación. Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

 

:: Docencia

 

Curso 2006/2007 - Curso de Especialización en Estudos Árabes e Islámicos
Grazas a un acordo co Centro de Estudos das Minorias da Univesidade Fernando Pessoa e do Instituto Português de Relações Internacionais e Segurança, o Instituto será entidade Coorganizadora do Curso de Especialización en Estudos Árabes e Islámicos que estas tres entidades celebrarán de forma conxunta durante o periodo 2006/2008. Paralelamente, o IGESIP está ultimando os trámites para levar adiante unha acción similar en parcería coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galiza. Esta edición implicaría unhas xornadas presenciais de tres días en Rianxo no verán de 2007 e seis meses de formación a distancia que culminarían coa obtención do Diploma de Especialización en Estudos Árabes e Islámicos pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo (300 horas lectivas).
O Curso busca proporcionar unha formación completa sobre as temáticas do mundo árabe e islámico contemporáneo nunha perspectiva de aprofundamento do contexto histórico, sócio-político e cultural, disponibilizando os recursos materiais e humanos de un centro de investigación especializado nesta área. Pretende tamén fomentar os estudos internacionais sobre as relacións entre o mundo ibérico e o mundo árabe, posibilitando a identificación de áreas de cooperación. Será dado particular destaque aos temas da actualidade, nomeadamente a expansión da lingua árabe e credo islámico no mundo, a cuestión da globalización, da educación, da muller e dos medios de información no mundo árabe, ben como os novos desafíos sociais. O Curso pode resultar de especial interese ás persoas con responsabilidades na área da mediación social, cooperación internacional, ciencias da comunicación, recursos humanos, organizacións do terceiro sector, profesores e formadores, profesionais da área xurídica, forzas de seguranza pública, etc. Rógase que ás persoas interesadas entren en contacto co Instituto para podermos facilitar maior información cando estexa disponíbel. Máis información [>].

 

Mestrado en Relacións Internacionais - Universidade Fernando Pessoa, Porto

Os membros do Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz poderán acceder ao Mestrado en Relacións Internacionais (título oficial superior portugués homologable ao "Diploma de Estudos Avanzados" ou novos "Master" oficiais do Estado español) cun desconto do 50% das taxas de inscrición vixentes, fruto dun protocolo de colaboración entre o Centro de Estudos das Minorias desta Universidade e o Instituto. Os socios do IGESIP poderán acceder igualmente a descontos do 50% nos cursos de verán e cursos de especialización (posgrao) organizados por este centro de pesquisa. Para máis información, cosúltese a sección de posgrado da Universidade Fernando Pessoa e ao Instituto [>].


 

© Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz, 2006

 

 

Outros destaques:

.: Observatorio sobre Muller e Conflitos Armados.
Membro da Women's International League for Peace & Freedom
[>]


observatorio

.: I Congreso Galego da Mocidade Investigadora.
Santiago de Compostela, 25|26 de outubro de 2007
[>]

.: International Conference on Responsible Defence.
Santiago de Compostela, 16-18 de outubro de 2007
[>]

.: Sen matar é posíbel.
Cara unha nova ciencia política global. Glenn D. Paige. Descarga gratuíta
[>]

paige

.: Asteriskos.
Revista de Estudos Internacionais e da Paz. Vol. I (2006). Descarga gratuíta
[>]

asteriskos