pesquisa para o entendemento global _ research for global understanding

Institucional

Equipo

Eventos

Docencia

Publicacións

Investigación

Relacións Institucionais

Asteriskos on-line

Asociarse

Ligazóns

Contacto

Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación. Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

 

:: Equipo

 

Presidente

Joám Evans Pim é Doutorando en Comunicación e Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e Doutorando en Paz e Seguranza Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado” sendo Magister en Paz, Seguranza e Defensa no mesmo centro; é Posgraduado en Minorías e Cidadanía polo Centro de Estudos das Minorias da Universidade Fernando Pessoa (Porto, Portugal) e completou a Licenciatura en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade do Minho (Braga, Portugal). Na actualidade é Profesor de Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela e de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Fernando Pessoa, tendo sido profesor convidado de Política Internacional na Universidade do Minho e de Cooperación na Universidade de Vigo. Aínda tendo desenvolvido estudos en outros campos, as súas áreas de interese céntranse nas estratexias comunicativas para a resolución e prevención de conflitos, as relacións mediático-militares e as industrias de defesa nos países en vías de desenvolvemento.

E-mail: evans@igesip.org

 

Vice-Presidenta
Bárbara Canziani Kristensen é Doutoranda en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e en Paz e Seguranza Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado”, ademáis de ser Posgraduada en Minorías e Cidadanía polo Centro de Estudos das Minorias da Universidade Fernando Pessoa (Porto, Portugal). É Licenciada en Letras (con habilitación en Portugués-Español) pola Universidade do Vale do Itajaí (Santa Catarina, Brasil) tendo cursado parte dos seus estudos na Universidade do Minho (Braga, Portugal) e estudos parciais (en Economía, Socioloxía e Filosofía) no marco da Licenciatura en Dereito na Universidade do Vale do Itajaí. Foi formadora das disciplinas de Metodoloxía da Pesquisa I e II na UNIVALI, bolseira de investigación da Fundação para a Ciência e a Tecnologia e bolseira do PROBIC nas áreas de métodos e innovacións pedagóxicas. Desenvolve pesquisas dentro do Instituto nas áreas de muller, forzas armadas e conflito así como representacións literarias da guerra e da institución militar.

E-mail: kristensen@igesip.org 

 

Secretario Xeral
Óscar Crespo Argibay é Doutorando en Estatística e Investigación Operacional na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e Doutorando en Paz e Seguranza Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado” (UNED); É tamén Licenciado en Matemáticas (especialidade en Matemática Pura) pola Universidade de Santiago de Compostela onde completou o Curso de Adaptación Pedagóxica chegando a leccionar diversas disciplinas no ensino fundamental e medio. As súas áreas de especialización son as de teorías de xogos, índices de poder, modelos matemáticos para a resolución e prevención de conflictos, economía e enxeñaría financeira (con especial referencia á economía islámica e dos países árabes).

E-mail: argibay@igesip.org 

 

Investigadores Principais

Manuel Gonçalves Martins é Catedrático de Relacións Internacionais na Universidade do Minho, Portugal, doutor en Relacións Internacionais (especialización de Política Internacional) pola Universidade do Minho, en Socioloxía pola Universidade de Paris X – Nanterre. Ten publicados centenas de artigos sobre os temas de paz, cooperación e relacións internacionais nas principais revistas mundiais da área, alén de ser presenza constante na maioría dos congresos concernentes.


Carlos Rodríguez Domínguez é Profesor de Dereito do Traballo e da Seeguranza Social na Universidade de La Laguna e Doutorando en Dereito Internacional na mesma institución, onde tamén se licenciou en Dereito; Posgraduado en Dereito Internacional pola Universidade Politécnica de Cambridge; actualmente é tamén Presidente do Instituto Canario de Estudos de Dereito Internacional.

 

Montserrat Pin Albertus é Doutoranda en Paz e Seguranza Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado” (UNED) sendo Magister en Paz, Seguranza e Defensa no mesmo centro así como Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Aínda que na actualidade traballa do Museo del Prado, as súas áreas de pesquisa céntranse no estudo do poder e na filosofía da guerra.

 

Pablo Caeiro Cebrián é Doutorando en Paz e Seguranza Internacional no Instituto Universitario “General Gutiérrez Mellado” (UNED) sendo Magister en Paz, Seguranza e Defensa no mesmo centro; é Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e finalista na licenciatura de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela. Súa liña de pesquisa céntrase na prospectiva nos estudos de defesa e no estudo do poder.

 

José Pasquali Almeida é Doutorando en Procesos Políticos Contemporáneos na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela; Mestre en Relacións Internacionais pola Universidade Fernando Pessoa (Porto); Posgraduado en Relacións Internacionais pola Universidade Técnica de Lisboa e Licenciado en Historia pola Universidade de Coimbra. Traballa especialmente nos campos de integración rexional, federalismo e identidades étnicas e nacionais.

Óscar Curros Moure é Doutorando en Estudos Contemporáneos na Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Cooperación Internacional e Voluntariado polo mesmo centro; Posgraduado en Comunicación Empresarial pola Universidade da Coruña; Licenciado en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como xornalista na Folha de São Paulo (Brasil) e profesor de posgrao.

 

Nelson Amílcar Xavier é Doutorando en Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Cooperación Internacional e Voluntariado polo mesmo centro; Licenciado en Historia pola Universidade do Minho (Braga). Traballa especialmente no campo das políticas de cooperación e desenvolvemento económico.

 

Irene Gómez-Ibarlucea Traba é Graduada Superior en Biotecnoloxía pola Escola Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela e Enxeñeira Técnica Agrícola pola mesma institución. Traballou como bolseira no Centro de Investigacións Agrónomas de Mabegondo (2001) centrando as súas pesquisas no campo da xenética forense.

 

Gabinete de comunicación

Jéssica Beiroa é Doutoranda en Literatura e Construción da Identidade e Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, onde completou as especialidades en Xornalismo Electrónico e Multimedia xunto coa de Xornalismo Audiovisual.

 

Gerardo Uz Rodríguez é Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, onde completou as especialidades en Xornalismo Electrónico e Multimedia xunto coa de Xornalismo Audiovisual. Na actualidade é Bolseiro da Universidade de Santiago e xornalista na Compañía de Radio Televisión de Galicia.

 

Sergio Irigoyen Vázquez é Licenciado en Xornalismo (especialidade en Xornalismo Electrónico e Multimedia) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi infografista no Proxecto "O Camiño" desenvolvido pola USC xunto coa University of North Carolina (EE.UU.) e a Universidad de los Andes (Santiago de Chile) con Rich Beckman e Alberto Cairo. Na actualidade traballa como xornalista no diario El Progreso.

 

 

Consello Consultivo

Antonino Drago, Università di Pisa (Italia);
Antônio Carlos Lessa, Universidade de Brasília (Brasil);
Barbara Müller, Institut für Friedensarbeit und gewaltfreie Konfliktaustragung Wahlenau (Alemaña);
Canon Joyce Nima, Uganda Action Network on Small Arms (Uganda);
Chaiwat Satha-Anand, Thammasat University (Tailandia);
Cheng-Feng Shih, Tamkang University (Taiwan);
Czeslaw Mesjasz, Akademia Ekonomiczna w Krakowie (Polonia);
Expedito Bastos, Universidade Federal de Juiz da Fora (Brasil);
Glenn Paige, University of Hawai'i (Hawai);
Günter Bierbrauer, Universität Osnabrück (Alemaña);
Hanne-Margret Birckenbach, Justus-Liebig-Universität Gieβen (Alemaña);
Hugh Miall, Lancaster University (Reino Unido);
Irune Ondarza, Gernika Gogoratuz (Estado español);
Jennifer Turpin, University of San Francisco (EE.UU.);
João Domingues, Instituto Português de Relações Internacionais e Segurança (Portugal);
João Marques de Almeida, Instituto da Defesa Nacional (Portugal);
John Groom, University of Kent (Reino Unido);
John Synott, Queensland University of Technology (Australia);
Jørgen Johansen, University of Coventry (Reino Unido);
José Guilhon Albuquerque, Universidade de São Paulo (Brasil);
Juan Carlos Martínez Coll, Universidad de Málaga (Estado español);
Klaus Boehnke, International University Bremen (Alemaña);
Louis Kriesberg, Syracuse University (EE.UU.);
Luis Dallanegra Pedraza, Universidad Nacional de Córdoba (Arxentina);
Majid Tehranian, Toda Institute (Hawaii);
Maria Oianguren, Gernika Gogoratuz (Estado español);
Mario López Martínez, Universidad de Granada (Estado español);
Matt Mogekwu, North-West University (Sudáfrica);
Max Paul, Université Jean Price Mars (Haití);
Monica Lagazio, University of Kent (Reino Unido);
Nafeez Mosaddeq Ahmed, Institute for Policy Research & Development (Reino Unido);
Noah Salameh, Center for Conflit Resolution & Reconciliation (Palestina);
Nora Femenia, Inter-mediación (EE.UU.);
Olivier Urbain, TAP Network (Xapón);
Paulo Castro Seixas, Universidade Fernando Pessoa (Portugal);
Raïs Neza Bonez, Transcend Africa (Congo, RD);
Sara Horowitz, Universidad de Buenos Aires (Arxentina);
Stuart Croft, University of Birmingham (Reino Unido);
Tatsushi Arai, George Mason University (EE.UU.);
Thania Paffenholz, Universität Bern (Suíza);
Vicente Torrijos, Universidad del Rosario (Colombia);
Welber Barral, Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil);
Wolfgang Dietrich, Universität Innsbruck (Austria).
  



 

© Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz, 2006

 

 

Outros destaques:

.: Observatorio sobre Muller e Conflitos Armados.
Membro da Women's International League for Peace & Freedom
[>]


observatorio

.: I Congreso Galego da Mocidade Investigadora.
Santiago de Compostela, 25|26 de outubro de 2007
[>]

.: International Conference on Responsible Defence.
Santiago de Compostela, 16-18 de outubro de 2007
[>]

.: Sen matar é posíbel.
Cara unha nova ciencia política global. Glenn D. Paige. Descarga gratuíta
[>]

paige

.: Asteriskos.
Revista de Estudos Internacionais e da Paz. Vol. I (2006). Descarga gratuíta
[>]

asteriskos