pesquisa para o entendemento global _ research for global understanding

Institucional

Equipo

Eventos

Docencia

Publicacións

Investigación

Relacións Institucionais

Asteriskos on-line

Asociarse

Ligazóns

Contacto

Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación. Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

 

:: Relacións Institucionais

 

Outubro/2006 – Convenio coa Universidade Fernando Pessoa - CENMIN
O Centro de Estudos das Minorias da Universidade Fernando Pessoa e o Instituto asinaron un convenio para promover a cooperación para o desenvolvemento da investigación na área da seguranza internacional e da paz desde unha perspectiva pluridisciplinar e transrexional, procurando, por unha banda, a maximización dos recursos científicos, culturais e educacionais existentes e, por outro, facilitar o aceso do maior número de intervintes na reflexión sobre estas cuestións. Segundo se estabelece no protocolo de colaboración asinado en Rianxo polo profesor João Casqueira Cardoso, coordenador do Centro de Estudos das Minorias (CENMIN) e do Mestrado em Relacións Internacionais da Universidade Fernando Pessoa e o presidente do IGESIP, Joám Evans, ambas institucións viabilizan unha serie e acordos de interese común para ambas as partes como taxas de inscrición reducidas para os asociados do IGESIP no citado Mestrado, nos cursos de especialización e de verán, mentres os investigadores e estudantes do CENMIN beneficiaranse de descontos do 50% nos encontros organizados polo Instituto. Igualmente, os investigadores de ambas institucións contarán co aceso privilexiado ás bases de datos e documentación da outra parte, abríndose un camiño para o desenvolvemento de traballos e actividades conxuntas.


Xaneiro/2006 – Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto traballarán conxuntamente na realización de programas de volutariado social entre os estudantes da USC, tanto de carácter asistencial, educativo, científico e de defensa da investigación. Segundo se estabelece no convenio asinado polo reitor da Universidade Senén Barro Ameneiro, e o presidente do IGESIP, Joám Evans, ambas institucións comprométense a levar a cabo accións comúns nestes ámbitos, sendo o IGESIP o responsabel por organizar e coordenar cursos de formación de voluntarios e outros programas enmacardos nos campos supracitados, vixiando o seu bo funcionamento.

 

Novembro/2005 – Adhesión á Rede de Relacións Internacionais e Seguranza (ISN)
O Instituto integrouse na Rede de Relacións Internacionais e Seguranza (ISN), unha iniciativa do goberno de Suíza e do Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía xestionada polo Centro de Estudos de Seguranza con base en Zürich. Segundo se estabelece no convenio asinado polo director da entidade helvética, o Dr. Andreas Wenger, e o presidente do IGESIP, Joám Evans, ambas institucións comprométense a traballar conxuntamente na promoción da cooperación e seguranza global, recompilando, xestionando e compartindo información especializada nestas áreas. Através deste convenio, o IGESIP convirtese en socio afiliado á Rede, con vistas a contribuír en proxectos de investigación, iniciativas de formación, publicacións e intercambio de informacións de forma conxunta cos demais membros. Ata o momento, no Estado español só o Centro Internacional Bancaja e a Universidade de Granda formaban parte desta importante rede global en calidade de socios afiliados, afirmando a posición da recentemente creada organización galega neste campo de estudos a nível internacional.

 

Agosto/2005 – Protocolo de Colaboración co ICEDI
O IGESIP e o Instituto Canario de Estudios de Derecho Internacional (ICEDI) traballarán conxuntamente con vistas a ‘contribuír para o progreso científico do dereito internacional como garante dos dereitos humanos e ao servizo da paz e a resolución de conflitos’. Deste xeito, segundo se estabelece no convenio asinado polo director da entidade insular, o investigador da Universidade de La Laguna Carlos Rodríguez Domínguez, e o presidente do IGESIP, Joám Evans, ambas institucións comprométense a levar a cabo accións comúns procurando fomentar a difusión e debate desta área que se ocupa da regulación das hostilidades nos conflitos internacionais e da protección das vítimas destes. Durante o próximo ano, membros do ICEDI achegaranse a Galicia para abordar cuestións de grande interese como a recentemente creada Corte Atlántica de Arbitraxe Internacional ou as implicacións do Dereito Internacional do actual conflito do Sahara Occidental. Do mesmo xeito, o Instituto canario convidou a representantes do IGESIP a formar parte do Comité Científico do I Congreso Internacional de Dereito Internacional Marítimo, que terá lugar en Las Palmas de Gran Canaria en decembro do próximo ano.

 

Xullo/2005 – Colaboración no Informe sobre Cultura de Paz para as NN.UU.
O Instituto participou na elaboración do Informe Mundial sobre a Cultura de Paz que o Embaixador de Bangladesh, Anwarul Karim Chouwdhury, entregou no mes de Xullo ao Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan. Este informe proporciona a primeira análise a fondo sobre o progreso do movemento mundial para unha cultura de paz, incentivado pola Resolución da ONU A/53/243 de 1999. O informe a entregar polo Representante Permanente de Bangladesh inclúe tamén un apartado de consellos e recomendacións ás Nacións Unidas para promover o desenvolvemento do movemento mundial para unha cultura de paz durante a segunda metade da década. O IGESIP respondeu á chamada da Fundación Cultura de Paz e do seu presidente, Federico Mayor, Director-Xeral da UNESCO no momento en que se introducira o programa, sumando a súa voz e apoio a esta iniciativa global.

 

Xullo/2005 – Convenio co Centro de Estudos de História do Atlântico (Madeira)
O Núcleo de Estudos Atlánticos do Instituto e o Centro de Estudos de História do Atlântico, organismo autónomo vinculado á Secretaria Rexional de Turismo e Cultura do Goberno da Rexión Autónoma da Madeira, traballarán conxuntamente no estudo multidisciplinar de cuestións históricas, económicas, culturais, literarias, lingüísticas e sociolóxicas, entre outras, no ámbito atlántico. Segundo se estabelece no convenio asinado polo director da entidade insular, o Dr. José Pereira da Costa, e o presidente do IGESIP, Joám Evans, ambas institucións comprométense a levar a cabo accións comúns procurando fomentar a comprensión e diálogo transcultural entre as costas oceánicas. Tendo en conta que tanto Galicia como a Illa da Madeira constitúen puntos de observación e análise privilexiados, dada a súa posición e experiencia histórica, ambas institucións consideraron conveniente formalizar os intercambios científicos que viñan mantendo através do presente Convenio de Cooperación e Apoio Institucional Recíproco. Estes intercambios céntranse especialmente nas influencias culturais, movementos poboacionais e outros aspectos relevantes para a comprensión das relacións transatlánticas en xeral e na súa vertente lusófona en particular.

 

 

© Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz, 2006

 

 

 

Outros destaques:

.: Observatorio sobre Muller e Conflitos Armados.
Membro da Women's International League for Peace & Freedom
[>]


observatorio

.: I Congreso Galego da Mocidade Investigadora.
Santiago de Compostela, 25|26 de outubro de 2007
[>]

.: International Conference on Responsible Defence.
Santiago de Compostela, 16-18 de outubro de 2007
[>]

.: Sen matar é posíbel.
Cara unha nova ciencia política global. Glenn D. Paige. Descarga gratuíta
[>]

paige

.: Asteriskos.
Revista de Estudos Internacionais e da Paz. Vol. I (2006). Descarga gratuíta
[>]

asteriskos